8mm. teatro xorde a comezos do ano 2013 pola necesidade de procurar un formato diferente. Trátase dun teatro onde o feito de ser partícipe na ficción dende o comezo é algo fundamental neste novo estilo. Deste xeito rompemos o espazo para chegar a interpretar moi perto de todos os espectadores e logrando sumerxilos nun ambiente de teatro-cinema co único afán de divertir e provocar ao
público cunha proposta auténtica, onde a distancia entre o actor e o
espectador é tan só de “8mm.”
Nacendo como compañía residente da Taberna Marrucho (Baiona)
superamos máis de 40 representacións coa obra “Unha historia de amor ao Tarantino”, pasando por bares, salas e locais de diversas
cidades de Galicia e, incluso, chegando a participar no Festival Internacional de Teatro da Lusófono “Ponte Na Escena”, no Festival de Curtametraxes e Música Alternativa e Underground “SEARA.mov” e coa
inminente actuación no “Festival Reperkusión 2014”, entre outros.