O xoves 16 de maio, véspera do Día das Letras Galegas, celebrarase un concerto por todo o alto na Sala Capitol de Santiago de Compostela, con motivo da festividade da lingua. O cartel estará formado por tres bandas galegas con estilos inconfundibles, Ruxe-Ruxe, Os da Ría e Banda Crebinsky que se caracterizan pola calidade das súas propostas e o compromiso con Galicia.
A noite será unha auténtica festa, apta para todos os públicos, no que a boa música, o espírito transgresor e a diversión están garantidos, de xeito que o público asistente viva unha noite de baile e algarabía con bandas galegas, e en galego, a modo de preámbulo da festividade do Día das Letras Galegas, que este ano rende homenaxe o autor compostelán Roberto Vidal Bolaño ao que se fai un aceno co sobrenome do evento a través to título dunha das súas derradeiras obras “A noite que os chífanos deixaron de zoar”.
Máis información no Facebook do Bule-Bule